Tractor con desbrozadora forestal triturando matorral

Roza manual ou mecanizada: cal convén na túa finca

Non todas as fincas se rozan igual. Escoller ben entre traballo manual, mecanizado ou unha combinación dos dous marca a diferenza no resultado, no tempo e no custo. Estes son os factores que temos en conta.

Roza mecanizada

Faise con tractor e desbrozadora de cadeas ou de martelos, ou con brazo desbrozador en cunetas e noiros. É a opción máis rápida e económica en superficies grandes.

  • Ideal en terreos con pouca pendente e bo acceso para a maquinaria.
  • Tritura o mato e déixao sobre o terreo, o que protexe o solo.
  • Rende moito en fincas abertas, devasas e pistas.

Roza manual

Faise con rozadoira, por operarios con equipo de protección. É máis lenta, pero chega onde a máquina non pode.

  • Pendentes fortes, zonas rochosas ou con muros.
  • Arredor de árbores, plantacións novas ou elementos que hai que respectar.
  • Fincas pequenas ou sen acceso para o tractor.

O máis habitual: combinar os dous

Na maioría das fincas galegas hai de todo: unha parte chá onde entra o tractor e bordos, muros ou zonas de pedra que hai que repasar a man. Combinar ambos os métodos permite facer o traballo ben e ao mellor prezo.

Que inflúe no orzamento

  • Superficie e forma da finca.
  • Altura e densidade da vexetación (non é o mesmo herba que toxo de varios anos).
  • Pendente, pedras e accesos.
  • Se hai que retirar ou triturar restos.
  • Distancia e se se agrupan varias fincas no mesmo traballo.

Non sabes que necesita a túa finca?

Cóntanos onde está e como é, e recomendámosche o método máis axeitado cun orzamento sen compromiso.

Publicacións similares