Desde 2008 traballamos para clientes públicos e privados de toda Galicia. Cada un ten necesidades distintas e adaptamos o noso traballo, os prazos e a documentación a cada caso.
Administracións públicas
Concellos, Deputacións e outros organismos: mantemento de marxes, cunetas, pistas e zonas verdes, e traballos de prevención de incendios.
Comunidades de montes
Rozas, repoboacións, claras e mantemento de montes veciñais en man común.
Coutos de caza
Roza e mantemento de devasas, camiños e zonas de alimentación e refuxio para a fauna.
Empresas do sector e de conservación
Apoio externo a empresas forestais e de conservación de estradas en traballos puntuais ou de tempada.
Particulares
Limpeza de fincas, roza do contorno de vivendas, podas e pequenas plantacións.
Falamos?
Cóntanos que necesitas e preparámosche un orzamento sen compromiso.
