Rozas e traballos forestais en Galicia
Limpamos e mantemos montes, fincas, pistas e marxes de estrada con persoal propio e maquinaria adaptada a cada terreo.
Reprofor
- Desde
- 2008
- Sede
- San Cristovo de Cea (Ourense)
- Zona de traballo
- Toda Galicia
- Teléfono
- 609 528 355
- Correo
- info@reprofor.es
Servizos
Traballos forestais e agrícolas para administracións, comunidades de montes, empresas e particulares.
Rozas manuais e mecanizadas
Rozadoira manual en pendentes e zonas de difícil acceso; tractor e desbrozadora en grandes superficies.
Limpeza de fincas e prevención de incendios
Xestión da biomasa en fincas e faixas de protección arredor de vivendas e núcleos rurais.
Rozas de cunetas e marxes
Mantemento de cunetas, noiros e marxes de estradas, pistas e camiños con brazo desbrozador.
Repoboacións forestais
Preparación do terreo, plantación con especies autóctonas ou de produción e mantemento posterior.
Podas
Podas de formación, de calidade e en altura, con retirada ou triturado de restos.
Claras e tratamentos silvícolas
Claras, clareos e selección de gromos para mellorar o crecemento e o valor da masa.

Por que traballar connosco
Desde 2008
Máis de quince anos facendo traballos forestais en Galicia.
Normativa e seguridade
Certificacións necesarias, prevención de riscos e sinalización en cada traballo.
Equipo propio
Persoal con experiencia e maquinaria adaptada a cada terreo.
Toda Galicia
Desde Ourense, traballamos nas catro provincias.

Tes que limpar a túa finca?
A normativa galega de prevención de incendios obriga a manter limpas as fincas situadas nas faixas de protección de vivendas, núcleos rurais e outras edificacións. Encargámonos da roza e dos restos para que a cumpras antes do verán.
Traballamos para
- Administracións públicas
- Comunidades de montes
- Coutos de caza
- Empresas forestais e de conservación
- Particulares
Actualidade e consellos
- Limpeza obrigatoria de fincas en Galicia: prazos, faixas e sanciónsQue son as faixas secundarias, quen debe limpalas, ata cando hai prazo e que pasa se non se fai.
- Como atopar a referencia catastral da túa fincaOnde aparece, como consultala na Sede Electrónica do Catastro e por que nos axuda a darche un orzamento máis axustado.
- Roza manual ou mecanizada: cal convén na túa fincaPendente, accesos, pedras e tipo de vexetación: os factores que deciden como se roza unha finca.
Cóntanos que necesitas e preparámosche un orzamento sen compromiso.
Tamén por WhatsApp ou en info@reprofor.es



