Limpeza de fincas e prevención de incendios

Manter as fincas limpas é a mellor forma de previr incendios e, en Galicia, tamén unha obriga legal nas faixas de protección arredor de vivendas, núcleos rurais e outras edificacións. Encargámonos de todo o traballo para que cumpras a normativa sen preocupacións.

Finca limpa arredor dunha casa de pedra

Que inclúe

  • Xestión da biomasa en faixas secundarias de protección
  • Limpeza de fincas abandonadas ou con moito mato
  • Roza do contorno de vivendas, naves e construcións
  • Limpeza periódica con mantemento anual
  • Triturado e eliminación de restos vexetais

Para quen

  • Propietarios de fincas próximas a vivendas ou núcleos
  • Comunidades de montes
  • Concellos e administracións
  • Empresas e particulares

Faino con tempo

Recomendámosche planificar a limpeza na primavera, antes da época de maior risco de incendios. Consúltanos e indicámosche que traballo necesita a túa finca.

Máis información: limpeza obrigatoria de fincas en Galicia: prazos, faixas e sancións.

Necesitas este servizo?

Asesorámoste e preparámosche un orzamento sen compromiso adaptado ao teu terreo.