Montes y pistas forestales en Ourense

Como atopar a referencia catastral da túa finca

Cando nos pides orzamento para limpar ou rozar unha finca, unha das cousas que máis nos axuda é a referencia catastral. Con ela podemos localizar a parcela exacta, ver a súa superficie, os accesos e o terreo antes mesmo de ir. Contámosche como atopala.

Que é a referencia catastral?

É o código que identifica cada inmoble no Catastro. Ten 20 caracteres, letras e números. Nas fincas rústicas, os primeiros 14 indican a provincia, o municipio, o polígono e a parcela, que é a parte que necesitamos para localizala.

Onde atopala

  • No recibo do IBI (contribución) da finca.
  • Nas escrituras ou nunha nota simple do Rexistro da Propiedade.
  • Na Sede Electrónica do Catastro, de balde: sedecatastro.gob.es.

Como consultala na Sede do Catastro

Entra na consulta de datos catastrais sen necesidade de certificado. Podes buscar a finca de dúas formas:

  • Por localización: escolles provincia e municipio e indicas o polígono e a parcela.
  • No mapa: navegas ata a zona e premes sobre a parcela.

Na ficha aparecerán a referencia catastral, a superficie e un plano da parcela.

Por que cha pedimos?

  • Localizamos a finca sen marxe de erro, aínda que estea lonxe dun camiño ou non teña un enderezo claro.
  • Calculamos a superficie real que hai que rozar.
  • Vemos a pendente e os accesos para decidir se o traballo será manual, mecanizado ou combinado.

Así o orzamento é máis rápido e máis axustado. Se non a tes, non pasa nada: coa localidade e unha descrición tamén podemos axudarte.

Xa tes a referencia da túa finca?

Indícaa no formulario de orzamento (podes poñer varias, unha por liña) e respondémosche canto antes.

Publicacións similares