Repoboacións forestais

Realizamos repoboacións forestais completas, desde a preparación do terreo ata o mantemento posterior da plantación, para crear masas forestais sas e produtivas.

Repoboación con plantóns protexidos nunha ladeira

Que inclúe

  • Preparación do terreo e roza previa
  • Abertura de buratos manual ou mecanizada
  • Plantación de frondosas autóctonas (carballo, castiñeiro, bidueiro…) e especies de produción
  • Colocación de protectores e titores
  • Reposición de marras e mantemento da plantación

Para quen

  • Comunidades de montes veciñais
  • Propietarios forestais
  • Administracións públicas
  • Empresas do sector forestal

Necesitas este servizo?

Asesorámoste e preparámosche un orzamento sen compromiso adaptado ao teu terreo.