Empresa

Quen somos

Reprofor comeza a súa andaina no ano 2008 como resposta á necesidade dalgunhas empresas de contar con apoio externo en traballos forestais.

Desde entón, o noso empeño por mellorar e ofrecer máis servizos e de mellor calidade permitiunos medrar e contar coas certificacións necesarias para traballar cumprindo a normativa esixida, estendendo a nosa área de traballo a toda Galicia.

Contamos con persoal de gran experiencia profesional no sector, o que nos permite garantir a satisfacción dos nosos clientes e contribuír á revalorización dun sector tan importante para Galicia como é o forestal.

Reprofor en datos

  • Desde 2008 traballando no sector forestal
  • Sede: San Cristovo de Cea (Ourense)
  • Ámbito de traballo: toda Galicia
  • Clientes: administracións, comunidades de montes, coutos de caza, empresas e particulares
Equipo forestal preparando a maquinaria

O noso compromiso

Calidade

Traballos ben feitos, en prazo e con atención ao detalle.

Seguridade

Prevención de riscos laborais e sinalización en todos os nosos traballos.

Respecto polo monte

Coidamos o contorno e apostamos por un sector forestal sostible e de valor.

Falamos?

Cóntanos que necesitas e preparámosche un orzamento sen compromiso.